Responsabilidade Xurídica das Cooperativas - Memoria da xornada

O pasado 12 de decembro de 2017 tivo lugar a primeira xornada sobre Compliance Penal no mundo cooperativo, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Esta xornada xurdiu pola necesidade de dar a coñecer ao ámbito da economía social, e o ámbito cooperativo en particular, as reformas co Código Penal Español, xa que non é allea nin aos riscos derivados das malas prácticas nin ás sancións que establece o marco legal. Deste xeito, búscase que o mundo cooperativo poida tomar conciencia dos riscos e difundir as solucións e procedementos existentes para a súa propia autoprotección.

Durante a xornada, titulada Responsabilidade Xurídica das Cooperativas - A economía social ante o reto do cumprimento normativo, contouse coa participación de numerosos expertos da materia que presentaron estas reformas e fixeron fincapé nas implicacións que teñen para as cooperativas.

Poñemos a vosa disposición a memoria da xornada, elaborada a partir das presentacións orixinais enviadas polos autores.

Podedes descargar o documento nesta ligazón: Responsabilidade Xurídica das Cooperativas

Xoves, 15 February, 2018 - 16:45

Compartir