A Xunta de Galicia incrementará as axudas á creación e mantemento dos postos de traballo nos centros especiais de emprego, que sumarán 20,8 millóns de euros no 2022

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo este luns en Santiago de Compostela unha reunión co presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), José Antonio Vázquez, na que se trataron os presupostos do departamento autonómico destinados a apoiar o emprego inclusivo de cara ao 2022.

Nesta reunión, destacouse que a Xunta de Galicia investirá 22,6 millóns de euros para a convocatoria de axudas e programas destinados ás persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social. Tamén falouse sobre as axudas á creación e mantemento dos postos de traballo nos centros especiais de emprego de Galicia, onde se indicou que o investimento se incrementará nun 3,8%, hasta chegar aos 20,8 millóns de euros o próximo ano.
A maiores, no 2022, continuarase coa convocatoria de axudas á creación e mantemento do emprego en empresas de inserción laboral, que aumentarán nun 25%, cun millón de euros de presuposto; e co programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual. Renovarase tamén o programa Galicia Emprega co que se apoia a contratación nas empresas dos colectivos máis vulnerables, como son as persoas con discapacidade, a través de incentivos para a formación e a contratación.

Nesta ocasión, a Conselleira tamén aproveitou a ocasión para por en valor o traballo de Cegasal como entidade de refencia na defensa, promoción e representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro da economía social en Galicia, loitando polo emprego de calidade das persoas con discapacidade y as persoas en risco de exclusión social, procurando a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial.

Máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/64131/xunta-incrementara-3-8-las-ayudas-creacion-mantenimiento-los-puestos-trabajo

 

Luns, 29 November, 2021 - 09:45

Compartir