A Xunta de Galicia lanza o MarketPlace Covid -19

A Xunta de Galicia crea a portal MarketPlace Covid-19, unha plataforma na que se pode incorporar as túas ofertas e demandas de suministros de Equipos de Protección Individual EPI´s e outros equipamentos necesarios.​
A finalidade desta plataforma é identificar necesidades concretas de equipos de protección en Galicia e tamén coñecer quen pode darlle resposta.
Marketplace COVID-19 GALICIA é unha plataforma de carácter altruísta que permite aos usuarios publicar ofertas para ofrecer, demandar ou intercambiar artigos da súa propiedade, así como a comunicación entre os usuarios ofertantes e os usuarios interesados en adquirir os devanditos artigos.

As ofertas poderán inserirse segundo tres criterios diferenciados:

  1. por capacidade de fabricación en Galicia
  2. por capacidade de suministro de stock, ou
  3. por adquisición rápida por parte da industria galega

As demandas urxentes de suministros e equipamentos, poderán ser formuladas tanto por organismos públicos como por entidades privadas.​
Mediante o sistema de rexistro, a plataforma permitirá acceso aos datos de contacto, de xeito que se poda establecer relación directa entre ofertantes e demandantes. A información do Marketplace baséase nas declaracións de cada unha das entidades/empresas que remitiron as súas ofertas. Se ben adicamos os nosos esforzos para contrastar cada declaración, a Xunta de Galicia non se fai responsable da súa exactitude ou veracidade.​

Para máis información, accede a este formulario de contacto.

 

Martes, 31 March, 2020 - 17:30

Compartir