A Xunta pon en valor o programa Es-Mentoring para asesorar as entidades da economía social nos seus procesos de cambio ou innovación

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura da xornada Rede de mentorías da economía social celebrada no marco do programa Es-Mentoring, impulsado pola Xunta co obxecto de facilitar ás empresas deste ecosistema económico a orientación e asesoramento que precisan ante necesidades específicas e procesos de cambio ou innovación.

Na súa intervención, o secretario xeral agradeceu o labor da Rede de persoas mentoras creada co gallo de axudar a resolver situacións similares ás que puideron ter vivido con anterioridade e de avanzar na mellora da competitividade das entidades da economía social. Reafirmou o compromiso con esta iniciativa e destacou a importancia do intercambio de coñecemento e experiencias entre as persoas mentoras e as entidades mentorizadas co obxectivo de seguir fortalecendo esta fórmula económica solidaria e pegada ao territorio.

 

Fonte: Consellería de Emprego, Comercio e Emigación

 

Mércores, 6 November, 2024 - 16:30

Compartir