Novas liñas Cheques de Dixitalización e Galicia Exporta Dixital - PECHADO O PRAZO

A Xunta activa dúas novas liñas de apoio á dixitalización das pequenas e medianas empresas para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a reactivación do tecido produtivo galego.
Estas dúas liñas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, están dirixidas a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade. Así, mentres o Galicia Exporta Dixital promove a súa expansión internacional a través de novas canles de comercialización a partir de ferramentas dixitais innovadoras, os cheques de dixitalización teñen en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do teletraballo.

Para acceder á axuda Galicia Exporta Dixital preme na seguinte ligazón. Tamén podes consultar a resolución do DOG.

Para acceder aos Cheques Dixitalización preme nesta ligazón e consulta a súa resolución do DOG.

Máis información: informa@igape.es e no 900 81 51 51 - 981 54 11 47
 

Xoves, 18 June, 2020 - 18:30

Compartir