Programa Mentoring para autónomos - PECHADO O PRAZO

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en cooperación coa Fundación Ronsel e a través deste Programa Mentoring autónom@s, quere acompañar ás 200 persoas autónomas na transformación e adaptación dos seus negocios, sempre tendo en conta as necesidades do mercado e contribuindo con melloras na xestion e o incremento dos contactos profesionais e a súa actividade económica.

Destinatarios: Autónom@as cunha antiguidade mínima de 42 meses e domicilio fiscal en Galicia.

Obxectivos: axudar ás persoas autónm@s a mellorar a súa actividade profesional, acompañándoos na consolidación dos seus negocio e contribuíndo a incrementar os seus contactos profesionais e a súa actividade.

Requisitos para participar: poderan ser beneficiarias deste Programa as persoas dadas de alta como traballadoras autónomas que:

  • Teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.
  • Se inscriban de forma voluntaria e no prazo marcado no Programa.

E dentro deste colectivo, terán prioridade:

  • En primeiro lugar, as persoas autónomas que teñan unha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional e
  • En segundo lugar, e de modo preferente, aquelas que recibiran algunha axuda do Programa de promoción de emprego autónomo ou do Plan de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación entre os anos 2017 e 2021 (ámbolos dous incluídos)

Plan de acción:

- Cada persoa traballadora autónoma participante asistirá a un obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación.
- A cada persoa traballadora autónoma participante se lle asignará un mentor ou mentora (“matching”) en función do tipo de apoio indicado na ficha de inscrición.
- Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada entre 1 e 2 horas, durante un período máximo de 7 meses.
- Durante a realización do mentoring, ofreceránse "mentorías de apoio" para, de forma puntual, poder traballar outras áreas de traballo.
- Ao rematar o “matching” formalizarase o seu peche e cada mentor ou mentora analizará os obxectivos acadados.

Data límite de inscrición: 22 de setembro de 2022 ata esgotar as prazas dispoñibles.

Inscrición: cumprimentando o seguinte formulario.

Para maís información podes consultar directamente coa Oficina do autónomo a través deste ligazón.

 

Luns, 22 August, 2022 - 09:00 to Xoves, 22 September, 2022 - 09:00

Compartir