Axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras 2022 - PECHADO O PRAZO

Publicadas no DOG as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras na anualidade 2022.  

Obxecto: promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo en Galicia a través de 2 programas: 

  • Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social.
  • Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.

Poderán ser entidades beneficiarias:

  • As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia.
  • Aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como empresa de inserción laboral.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2022.

Para consultar a orde, preme aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

 

Mércores, 26 January, 2022 - 09:00 to Venres, 30 September, 2022 - 09:00

Compartir