Subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL - PECHADO O PRAZO

Publicadas no DOG as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social para a anualidade 2022.
 

A finalidade da orde é apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.
 

Poden ser beneficiarias desta convocatoria as:

  1. sociedades cooperativas
  2. sociedades laborais
  3. empresas de inserción
  4. centros especiais de emprego

Os conceptos subvencionables son:

  1. Equipamento informático.
  2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web.
  3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  4. Mellora na eficiencia enerxética.
  5. Adquisición de equipamento.
  6. Reforma do local de negocio.
  7. Mobiliario.
  8. Obtención de certificacións de calidade.
  9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  10. Plan de Protección de datos.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2022.

Para consultar a orde, preme aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

 

Mércores, 29 June, 2022 - 09:00 to Venres, 30 September, 2022 - 09:00

Compartir