Agaca participa no proxecto europeo Agrosmartglobal para a internacionalización dixital das empresas nos mercados de China e Estados Unidos

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) participa no proxecto Agrosmartglobal, que ofrece un servizo gratuíto e personalizado de consultoría para axudar ás empresas a conseguir a internacionalización dixital nos mercados de China e Estados Unidos.
Agrosmartglobal é un proxecto europeo que busca fomentar a competitividade e a internacionalización das pequenas e medianas industrias no sudoeste europeo, contando para iso cun presuposto total de 1,5 millóns de euros.

O obxectivo é perfeccionar a internacionalización dixital mediante o fortalecemento de alianzas empresariais con China e Estados Unidos e mediante a intercooperación entre as entidades participantes, en concreto as dez entidades beneficiarias de dez rexións europeas.

O programa ten como destinatarios calquera peme agroalimentaria que o solicite contactando por correo a través de loli@agaca,coop ou chamando ao 881 584 783.

Para máis información: https://agaca.coop/agaca-e-agrosmartglobal-lanzan-un-servizo-de-consultoria-para-internacionalizacion-dixital/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/2021/06/15/agaca-acerca-mercado-chino-americano-empresas/00031623762757626150794.htm

 

Xoves, 17 June, 2021 - 09:30

Compartir