Almorzo cooperativo virtual: sector turismo, ambiente e patrimonio

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

ALMORZO COOPERATIVO VIRTUAL: SECTOR TURISMO, AMBIENTE E PATRIMONIO
 

Data: o 17 de marzo de 2021

Horario: de 16:30 a 18:30 h

Modalidade: en liña (plataforma virtual)  

Duración: 2 horas

Destinatarios: 

  • Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop dos sectores Turismo, Ambiente e Patrimonio.

Obxectivo: 

  • Servir ás socias que participen a presentar e abordar iniciativas, proxectos, colaboracións, ou necesidades neste sector. Promovendo ao mesmo tempo a intercooperación.

Programa:

16.30 h Benvida a persoas e cooperativas participantes.
16.45 h Presentación e actualización da situación das cooperativas participantes.
17.15 h Presentación, debate e acordo sobre propostas de colaboración concretas e viábeis para 2021, por parte das cooperativas participantes.
18.30 h Peche da sesión.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición  / ramon@espazo.coop 881 887 456

 

Mércores, 17 March, 2021 - 16:30 to 18:30

Compartir