Axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor - PECHADO O PRAZO

Xa están publicadas no DOG as axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, convocadas para o ano 2020 en réxime de concorrencia non competitiva.

Obxecto: contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas tras o confinamento consecuencia da crise sanitaria provocada pola covid-19.

Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos),así como as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención e que cumpran as seguintes condicións:

  • Que desenvolvan a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de traballo.
  • Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, empreguen menos de cincuenta traballadores.
  • Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I.

Obxectos subvencionables: 

Aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

  • Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo
  • A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes
  • A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos
  • A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica
  • A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento
  • Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento
  • De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión
  • Capacitación específica das persoas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19
  • Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.

Contía das axudas:

Para as pemes adicadas a actividades turísticas que empreguen menos de 10 traballadores e con proxectos de gasto subvencionable entre 300 e 1.200 euros, a intensidade de axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros (Estas pemes tamén poderán optar pola modalidade de axuda descrita no parágrafo seguinte, renunciando expresamente ás previstas neste parágrafo).

- Para o resto das empresas beneficiarias, a contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 3.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Preme aquí para consultar a Resolución.

Se estas interesado en presentar unha solicitude preme aquí.

 

Xoves, 25 June, 2020 - 10:00

Compartir