Formación para a creación do teu plan de empresa

A Fundación CEL a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

FORMACIÓN PARA A CREACIÓN DO TEU PLAN DE EMPRESA
 

Datas: do 26 ao 29 de abril de 2021

Horario: de 16:00 a 20:00 h

Duración: 15 h

Lugar: nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo  

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais de recente creación, e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e a economía social.

Obxectivos: Neste curso abordaranse os conceptos básicos para elaborar o plan de empresa dunha entidade de economía social, dende a idea de negocio, ata a proposta de valor, o plan de marketing, a organización e xestión de persoas e o plan económico-financeiro. Permitirá aos/ás promotores/as dunha inicitativa de economía social deseñar de xeito ordenado a creación da súa empresa, tratando os temas fundamentais para mellorar as probabilidades de éxito.

Programa: 

  • Módulo 1: O modelo de negocio
  • Módulo 2: O plan de marketing
  • Módulo 3: A organización e as persoas
  • Módulo 4: O plan económico-financeiro

Podes consultar o cartel premendo aquí

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición   (límite de prazas: 10 persoas)

Para máis información: 982284150 / formacion@fundacioncel.org

 

Luns, 26 April, 2021 - 16:00 to Xoves, 29 April, 2021 - 16:00

Compartir