Loitando contra a pobreza e a exclusión social dende o rural

EAPN Galicia organiza xunto a EAPN España e a Federación Terra e Xente a xornada:

LOITANDO CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL DENDE O RURAL
 

Data: 4 de decembro

Horario: de 09:30 a 13:45 horas

Modalidade: en liña 

Destinatarios: entidades e persoas vinculadas ao medio rural

Obxectivo: identificar propostas para mellorar a loita contra a pobreza e a exclusión, o acceso á vivenda accesible e ao emprego inclusivo

Dende unha visión positiva e propositiva abordaranse estes eidos a través dun diálogo inicial moderado pola presidenta de COCEDER España, Tamara Balboa, xunto con representantes técnicos das Consellerías de Medio Rural e Política Social, un panel de experiencias coa participación de CDR O VisoFederacion Galega de Turismo RuralDaqui DarredorMilhulloaCOGAMI e Fundación Entretantos e, por último, traballo en grupos no que as persoas participantes poderán validar as demandas xa prantexadas dende EAPN ás distintas forzas políticas, así como identificar novas propostas e medidas de actuación.

De xeito paralelo, está activa unha consulta online, cuxos resultados e propostas serán a base da xornada, procurando concretalas e facelas factibles, así como identificar experiencias exitosas e posibilidades de acción a través dos Fondos Estruturais Europeos. Participa aquí!

 

Programa formativo:

09.30 – Benvida e inauguración

09.40 – Diálogo ‘A loita contra a pobreza no rural en Galicia e España’

Presenta e modera: Tamara Balboa, presidenta COCEDER España

Representantes das Consellerías de Medio Rural e Política Social

10.30 – Panel de experiencias: Aprendizaxes e propostas dende as boas prácticas

Antonio R. Corval, vogal do CDR O Viso

Francisco Almuíña, presidente da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR)

Manuel Rey, Asociación Daqui Darredor

Milhulloa

Nano Caamaño, coordinador fortalecemento do movemento asociativo enCOGAMI

Nuria AlonsoFundación Entretantos

12.00 – Descanso

12.15 – Traballo en grupos simultáneos:

· Mesa Pobreza e Exclusión
· Mesa Vivenda Accesible
· Mesa Emprego Inclusivo

13.15 – Conclusións en plenario

13.45 – Clausura da xornada

 

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do seguinte formulario
 

Se queres coñecer o programa formativo en detalle preme aquí.

 

Venres, 4 December, 2020 - 09:30 to 13:45

Compartir