MAOS Innovación Social S. Coop. Galega asina a súa adhesión ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia

A Sociedad Cooperativa MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega, asinou a súa adhesión ao Código de Boas Prácticas das sociedades cooperativas de Galicia. A través deste acordo, a entidade expón o seu compromiso por manter un comportamento transparente, honesto e responsable por parte da cooperativa e dos seus membros no seu ámbito de actuación.

Con isto, MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega contribúe, de forma libre e voluntaria, a reforzar a confianza nas cooperativas e consolidar o seu rol na sociedade, gañando vantaxe competitiva e mellores resultados.

Se es unha cooperativa interesada en adherirte a este código, podes comunicalo a economiasocial.emprego@xunta.gal a través do modelo incluído como Anexo no propio código de boas prácticas, que se amosa a continuación:

Código de boas prácticas das sociedades cooperativas galegas

Luns, 17 June, 2019 - 10:30

Compartir