IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN
Datas: do 23 de febreiro ao 22 de marzo de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 24 de febreiro e 18 de marzo de 11:00 a 12:00 h e o 10 de marzo de 16:30 a 18:00 h
Duración: 40 horas
Destinatarios: Persoas emprendedoras interesadas no autoemprego cooperativo, persoas cunha idea de negocio que queren avaliar a opción cooperativa e axentes intermedios que asesoran proxectos cooperativos.
Obxectivos:
- Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.
Programa formativo:
- Prototipa a túa idea de proxecto cooperativo
- Analiza as áreas comercial e de mercado
- Estuda a viabilidade económica e financeira
- Planifica a área organizativa e os trámites de constitución
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario
- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456
Podes acceder ao cartel premendo aquí.