Programa de axudas a centros especiais de emprego - PRAZO PECHADO

A Xunta de Galicia publicou onte no DOG unha nova convocatoria de axudas dirixidas a favorecer a empregabilidade das persoas con discapacidade a través dos centros especiais de emprego (CEE) para os anos 2022 - 2023.

Son entidades beneficiarias os centros especiais de emprego inscritos que, na data de solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.

Finalidade: garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade mediante subvencións aos centros especiais de emprego a través de 3 programas de axudas:

  • PROGRAMA I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego.
  • PROGRAMA II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica.
  • PROGRAMA III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade.

A liña máis dotada, con 21,8M€ destinarase a manter os custos salariais e os empregos das persoas traballadoras con discapacidade nos CEE, que recibirán importes equivalentes ao 50% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e do 60% no caso de se tratar de persoas con condicións de especial dificultade para a inserción laboral (discapacidade psíquica maior ou igual ao 33% e/ou discapacidade física ou sensorial do 65% ou maior).

Un total de 1,2 millóns destinaranse, por outra banda, a financiar os custos salariais da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio a esas persoas con maiores obstáculos para atopar traballo.

O resto, 1,1 millón de euros, distribuirase en achegas para dar estabilidade aos postos de traballo mediante a contratación indefinida (máximo de 7 postos por centro subvencionables) con incentivos de ata 25.000 euros por posto creado a xornada completa en función das características da persoa traballadora; para a adaptación de postos de traballo as condicións das persoas con ata 2.000 euros por cada un; e para financiar as asistencias técnicas nos CEE -con apoios que irán dos 1.000 euros ata os 15.000 euros en función da modalidade- para o desenvolvemento de auditorías, contratación de persoal de dirección, certificados de calidade, informes económicos, etc.

Prazo e forma de presentar as solicitudes: as solicitudes presentaranse por separado por cada un dos programas, obrigatoriamente por medios electrónicos e a través dos formularios normalizados dispoñibles para tal fin.
O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 27 de outubro de 2022.

Incompatibilidades dos programas: as axudas dos programas I e III nos incompatibles respecto da mesma persoa con discapacidade e no caso de solicitarse ambas, concederase unicamente á de custo salarial. Así mesmo, estes mesmos programas tamén son incompatibles coas axudas que se convoquen baixo o programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego.

Para unha información máis completa, podes consultar o folleto da axuda premendo aquí.

Tamén podes consultar a orde pola que se establecen as bases reguladoras desta axuda a través desta ligazón.

 

Martes, 27 September, 2022 - 09:00 to Xoves, 27 October, 2022 - 09:00

Compartir