Nova App gratuíta da Xunta de Galicia para informar ás empresas das medidas económicas e laborais vinculadas á problemática do coronavirus

Debido á situación extraordinaria na que nos encontramos con este novo contexto internacional provocado polo Covid-19, a Xunta de Galicia quere seguir na máxima coordinación cos axentes económicos e sociais de Galicia e, ao mesmo tempo, trasladarlles toda a información e os apoios dos que dispón para facer fronte a esta nova realidade.

Por este motivo, a Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha unha App gratuíta, a través da plataforma Gohu, para estar máis cerca do tecido empresarial e de todos os axentes que conforman o mercado laboral galego, e que desta forma poidan estar informados en todo momento das novidades que se produzan. A través desta aplicación informarase de todas as axudas e as principais normativas e circulares vinculadas á problemática do coronavirus que a Xunta de Galicia xa ten aprobado. De igual xeito, tamén se informará das principais novidades que se trasladen desde a Administración Xeral do Estado.

Desde a Rede Eusumo animámosvos a que vos deades de alta nesta aplicación móbil para estar informados/as e coñecer en tempo real as medidas económicas e laborais impulsadas desde a Administración.
Podedes descargar a aplicación a través da páxina web: www.gohu.es

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, no número de teléfono 665 919 781 ou ben a través do seguinte correo electrónico: hola@gohu.es

 

Xoves, 16 April, 2020 - 11:00

Compartir