Programa bono coidado extraordinario para a infancia - PECHADO O PRAZO

Xa están publicadas no DOG as axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario.

Obxecto: a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, que teñan a súa residencia en Galicia para a conciliación da vida familiar e laboral durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Beneficiarios: os/as pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as de ata doce anos de idade residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  • Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.
  • Ambos proxenitores, ou o único no caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballando.
  • Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraendo o rateo da paga extraordinaria se a houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 € ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 € per cápita.

Gastos subvencionables: 

Actuacións dirixidas á atención de nenos e nenas menores de 12 anos e realizadas desde o 16 de marzo ata que se levante a suspensión das actividades como medida preventiva de saúde pública nas escolas infantís 0-3 e nos centros de ensino non universitarios non podendo estenderse, en ningún caso, máis alá do exercicio orzamentario vixente.

  • Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
  • Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos nenos e nenas. Consideraranse tamén neste suposto as ampliacións de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade.
  • Pase a situación de excedencia por coidado de fillos/as, ou redución da xornada de traballo pola mesma causa do/da pai/nai, titor/a, ou a/s persoa/s que teñan o neno ou nena en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva, sempre que supoña unha redución efectiva nas retribucións. Consideraranse tamén as reducións da xornada de traballo preexistentes que se adaptasen ou modificasen con esta finalidade.

Contía das axudas:

A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo da contratación ou do importe da redución das retribucións cun límite máximo global de 500 €/mes por unidade familiar beneficiaria.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Preme aquí para consultar a Orde.

Se estas interesado en presentar unha solicitude preme aquí.

 

 

Venres, 12 June, 2020 - 10:00

Compartir