Publicadas as bases reguladoras das subvencións para os gastos de funcionamento de entidades asociativas de economía social

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través de dous programas:

PROGRAMA I: Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

PROGRAMA II: Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos e as condicións xerais recollidas na orde:

PROGRAMA I:

  • As asociacións de cooperativas con actividade acreditada e inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia.
  • As asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.

PROGRAMA II:

  • As asociacións de centros especiais de emprego que asocien unicamente centros inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
  • As asociacións de empresas de inserción que asocien unicamente empresas inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 26 de febreiro de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible para cada programa (anexos I e IV) na sede electrónica da Xunta de Galicia:

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Descarga o folleto

 

Mércores, 24 January, 2024 - 18:30

Compartir