A Xunta abre o prazo para solicitar o Bono Consolida Economía Social 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia "Bono consolida economía social" para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. Sociedades cooperativas
  2. Sociedades laborais
  3. Empresas de inserción
  4. Centros especiais de emprego

Cales son os conceptos subvencionables?

  1. Equipamento informático
  2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web
  3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial
  4. Mellora na eficiencia enerxética
  5. Adquisición de equipamento
  6. Reforma do local de negocio
  7. Mobiliario
  8. Obtención de certificacións de calidade
  9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade
  10. Plan de Protección de datos
  11. Elementos de transporte
  12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dados de alta no RETA

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 25 de marzo de 2024 ou ata o suposto esgotamento do crédito.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Descarga o folleto

 

Mércores, 24 January, 2024 - 18:45

Compartir