Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: vacún de carne

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: vacún de carne" no marco da Rede Eusumo.

Data: 11 de xullo

Horario: de 9:45 h a 14:45 h

Modalidade: presencial

Lugar: IXP Ternera Gallega (Santiago de Compostela)

Obxectivos:

  • Favorecer que as cooperativas de vacún de carne compartan experiencias operativas e de mercado e establezan lazos de colaboración con cooperativas do sector.
  • Compartir a visión estratéxica dos mercados da IXP Ternera Gallega e de Cooperativas Agro-alimentaria de España, así coma os proxectos da interprofesional PROVACUNO.
  • Avanzar nos coñecementos sobre os métodos de produción de vacún de carne en Galicia e noutros lugares de España.
  • Afondar nas estratexias e retos comerciais que se consolidan cara aos vindeiros anos.

Persoas destinatarias:

  • Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa

 

Xoves, 11 July, 2024 - 09:45 to 14:45

Compartir