Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
A economía social galega estará presente no Galicia Fórum Gastonómico 2025
A economía social de Galicia estará presente, da man da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no Galicia Fórum Gastronómico 2025, que terá lugar en Expocoruña entre o 23 e o 25 de Marzo.
Na súa 10ª edición en Galicia o programa contará coa presenza de grandes chefs que cociñarán en directo tanto no Auditorio como nos Obradoiros, nos que ofrecerán degustacións.
Na feira haberá un espazo reservado para que 8 cooperativas galegas de diferentes sectores mostren ao público e aos profesionais asistentes os seus produtos:
Produtos lácteos e derivados
- Condado Paradanta, S. Coop. Galega
- Productores del Campo de Capela, S. Coop. Galega
Produtos hortofrutícolas
- Milhulloa, S. Coop. Galega
- Terras da Mariña, S. Coop. Galega
Produtos cárnicos
- Verín Biocoop, S. Coop. Galega
Outros Produtos
- A Factoría do Lume, S. Coop. Galega
- Daveiga - Lugar da Veiga (Sociedade Limitada Laboral)
- Distribuciones A Moenda, S.L. (Centro Especial de Emprego)
Para máis información sobre a feira, visita www.galiciaforumgastronomico.com
Consulta o dossier das cooperativas expositoras
