Subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero - PECHADO O PRAZO

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca subvencións destinadas a financiar a contratación por parte das entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas cuxa situación se viu agravada como consecuencia da crise ocasionada pola pandemia da COVID-19 (Procedemento SI461B)
Poderán ser entidades beneficiarias desta subvención:
a) As entidades sen ánimo de lucro.
b) As cooperativas sen ánimo de lucro segundo o disposto na disposición adicional cuarta da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
Ademais, estas entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
c) Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.
A maiores, non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Tampouco poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as empresas privadas, as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Por último, as entidades sen ánimo de lucro que resulten beneficiarias non poderán contratar novamente ás mulleres que xa se contrataran con cargo as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 1 de agosto de 2022.
Máis información no DOG nº 125 do 1 de xullo de 2022.
Para acceder á sede electrónica do procemento podes premer aquí.