Axudas á apicultura

A Consellería de Medio Rural publica as bases reguladoras das axudas á apicultura para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Poderán ser obxecto das axudas aquelas actividades ou investimentos encamiñadas a acadar os obxectivos dos seguintes tipos de intervencións:

  1. Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, en particular mediante actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións de apicultores/as.
  2. Investimentos en activos materiais e inmateriais, así como outras accións.
  3. Actuacións para prestar axudas aos laboratorios no análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.
  4. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar aos consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.
  5. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. [MR506A] As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.
  2. [MR506B] As agrupacións de apicultores/as, incuídas as cooperativas apícolas, na medida que os seus socios ou asociados beneficiarios das axudas cumpran cos requisitos establecidos.

Ata cando se pode presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 8 de febreiro de 2024.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia:

  • Anexo I para o procedemento MR506A (persoas físicas ou xurídicas)
  • Anexo II para o procedemento MR506B (agrupacións)

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as agrupacións apícolas e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar opcionalmente a solicitude de forma presencial.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Xoves, 8 February, 2024 - 23:45

Compartir